luns, 24 de outubro de 2016

Ampliación do prazo de presentación de ponencias

Comunícase que o prazo de presentación de comunicacións orais e paneis, que remataba inicialmente o 25 de outubro, vese ampliado ata o vindeiro luns 31 de outubro como data definitiva.

Os resumos presentados deberán seguir as instrucións definidas no apartado correspondente desta páxina.

Tundra Ediciones, entidade colaboradora do Congreso Galego de Ornitoloxía

Ao igual que na anterior edición celebrada en Cabana de Bergantiños, Tundra Ediciones colaborará co IX Congreso Galego de Ornitoloxía coa instalación dun posto de venta dunha selección das súas publicacións relacionadas coas aves e co medio ambiente en xeral.